Todo Radio Valadouro estivo de cumpleanos para celebrar os cen programas de Parolando, o magazine de debate creado, dirixido e presentado por Pepe Peinó. Un centenar de programas nesta tertulia semanal é unha cifra difícil de conseguir para un programa desenvolto por voluntarios. Foron moitas semanas, moitos xoves,abordando a actualidade e realidades sociais dende o punto de vista dos protagonistas e testemuñas directos. Prácticamente calquera tema que imaxinedes, foi enfocado pola humana lente de Pepe, un profesor que exerceu tamén de alumno libre de prexuizos e distancias preconcibidas. Emigrantes, mariñeiros, escritores, empresarios, relixiosos, deportistas, actores, cooperantes,etc, etc...atoparon unha fiestra aberta cada xoves para contar a súa verdade, dun xeito libre e sincero, Parolando, en definitva.
O broche de ouro oficiouse na Casa da Cultura cunha Gala de Escolas de Música da comarca, baixo a coordinación de Xan Carballal. Os rapaces interpretando tódolos xéneros musicais convertiron a Ferreira, coas súas partituras e instrumentos, na capital da música mariñá.
nota de La Voz de Galicia