domingo 5 de julio de 2009

José Díaz escribe sobre Parolando en El Progreso



Novamente José Díaz fala de Radio Valadouro con gratificantes palabras que son un verdadeiro estímulo para os homes e mulleres que desenvolven de forma altruista proxectos en Radio Valadouro sen mais beneficio que agradecementos como este e o san obxectivo de entreter en informar a audiencia desta emisora. Neste caso é Pepe Peinó o homenaxeado para contarnos o que xa sospeitábamos: Parolando é pura radio profesional. Profesional na súa dignidade, preparación e compromiso co invitado e o oínte.
Grazas de novo, José Díaz.

Martes de contrastes 16 de xuño

jueves 18 de junio de 2009

Parolando. O cine feito na Mariña

Marcos Piñón, realizador en telelugo, Rubén García , cámara e actor tanto en teatro, Toña González, mariscadora e actriz rínlega, Jorge Olivera, músico que ten composto para producción audiovisuais, José Díaz, hosteleiro, promotor de iniciativas culturais como curtametraxes, entre outras. Ángel de la Cruz, director de longametraxes como Os mortos van aprésa ou o guión e dirección de producción pioneiras como O bosque animado, falan con Peinó do cine feito nesta bisbarra.

lunes 15 de junio de 2009

Open Space 12 de xuño de 2009

jueves 21 de mayo de 2009

Parolando artistas


Os invitados do xoves 7 de maio son Daniel Río "Caxigueiro" escultor afincado en San Martiño, Pepe Blanco, deseñador da factoría Sargadelos, Xoán Guerreiro, pintor natural de Xove e José Ramón Ferreira de Rúa, artista en madeira. Unha boa representación de distintas formas de artes na bisbarra mariñán.

martes 19 de mayo de 2009

Open Space 15 de maio de 2009

miércoles 29 de abril de 2009

Gala de Escolas de Música (Parolando 100 programas)

Todo Radio Valadouro estivo de cumpleanos para celebrar os cen programas de Parolando, o magazine de debate creado, dirixido e presentado por Pepe Peinó. Un centenar de programas nesta tertulia semanal é unha cifra difícil de conseguir para un programa desenvolto por voluntarios. Foron moitas semanas, moitos xoves,abordando a actualidade e realidades sociais dende o punto de vista dos protagonistas e testemuñas directos. Prácticamente calquera tema que imaxinedes, foi enfocado pola humana lente de Pepe, un profesor que exerceu tamén de alumno libre de prexuizos e distancias preconcibidas. Emigrantes, mariñeiros, escritores, empresarios, relixiosos, deportistas, actores, cooperantes,etc, etc...atoparon unha fiestra aberta cada xoves para contar a súa verdade, dun xeito libre e sincero, Parolando, en definitva.

O broche de ouro oficiouse na Casa da Cultura cunha Gala de Escolas de Música da comarca, baixo a coordinación de Xan Carballal. Os rapaces interpretando tódolos xéneros musicais convertiron a Ferreira, coas súas partituras e instrumentos, na capital da música mariñá.
nota de La Voz de Galicia

lunes 20 de abril de 2009

Tranvía verdeamarelo 17 abril 2009

lunes 16 de marzo de 2009

Parolando Empresas do Val

Parolando sondea aos empresarios do val sobre as vias de negocio na comarca, como combatir a crise económica ou as reivindicacións do colectivo. José Manuel Lamelas (Carpintería Lamelas), Pepe Sanjurjo (Muebles Guerra) e Alberto Souto (Aserraderos Rubal)acompañan a Pepe Peinó neste xoves de asuntos económicos.

sábado 14 de marzo de 2009

Martes de Contrastes, 10 de marzo 2009

lunes 2 de marzo de 2009

Parolando 19 de febreiro, África.

O programa de debate de Radio Valadouro, dalle unha fonda ollada a África, o continente esquecido, que sigue os seus propios camiños para sobrevivir ao postcolonialismo e ao economía globalizada. Máis alá de guerras civís, fame ou xenocidios, hai novas e motivas fora de foco que merecen luz e eco. Non deixedes de oir este programa homenaxe que invitan aos noso micrófonos a Antonina (directiva do grupo cavoderdiano, Batuko Tabanka), Monrovia (emigrante en Liberia), Lionel Rejes (analista de movementos inmigración) e por teléfono a Fabiola Sotelo, Directora xeral de Cooperación Exterior de la Xunta de Galicia, Nagore Eskizábal, representante de comunicación da ONG ANESVAD e Ismael Piñón, misioneiro congoniano, director da revista Mundo Negro.

miércoles 25 de febrero de 2009

Martes de Contrastes 17 de febreiro

miércoles 18 de febrero de 2009

Tranvía VerdeAmarelo 13 de febreiro

Venres 13 e San Valentín, un programa Bloody Mary que Nuno axita con The Doors. Tamén concursos, cultura, humor e etc.

viernes 13 de febrero de 2009

Open Space 6 de febreiro de 2009

Ángel Vizoso é posiblemente un dos rapaces con maior progresión de Radio Valadouro. Auténtico comodín desta emisora, amosa o seu talento comunicativo semanalmente a fronte do equipo de Open Space, o magazine xuvenil dos venres ás sete. Sonia, Bea, Nerea, Ana Reigosa compoñen este programa que trata con humor, música, cine e máis temas o inicio do fin de semana.

sábado 7 de febrero de 2009

Parolando, 5 de febreiro 2009, O mundo dos Soños

Soños para coñecer outras realidades, para coñecer o futuro ou sobre todo para indagar sobre un mesmo. Carmen de Foz, Susana Fernández e Paz Otero, son as "soñadoras" que parolan este xoves con Pepe.

martes 27 de enero de 2009

Martes de contrastes

Susana Álvarez é a conductora de Martes de contrastes, a nova e forte aposta de Radio Valadouro para os martes deste tempada de 2009. Martes de contrastes é unha magazine nocturno dirixido a toda a familia falando de saúde, cociña, efemérides, cousas curiosas, lendas do val e contos para durmir...en definitiva un espazo cálido e entretido onde participa a audiencia activamente.

sábado 17 de enero de 2009

un tranvía no 107.9

O novo programa de Radio Valadouro ven montado nun tranvía ecolóxico, divertido e musical de cores verdeamarela do val.Novas tolas, concursos, música, zappeoradio, cultura e máis seccións deste vagón que comparten amistosamente os venres ás 21, Juan Novás, Nuno García e Suso Rubio.

sábado 27 de diciembre de 2008

Parolando de Novas tecnoloxías (11/12/08)

As novas tecnoloxías revolucionaron o final do século XX e o que levamos do XXI. A economía, comunicación e o lecer non sen entenden sen os novos dispositivos que nos conectan nunha rede infinita. Falamos con Antonio Ledo, programador, Nacho Delgado, filósofo, Uxío experton e videoxogos, Jorge Olivera, músico e Suso Rubio usuario da Web 2.0 sobre como nos cambiou e nos cambiará a esta sociedade a tecnoloxía.

martes 23 de diciembre de 2008

Paz e Amor nº 3.

Detrás do "Rainbow" non había unha xarra de moedas de ouro, había un amiga, unha voz clara e sincera, filla dunha terra emotiva e natural: Gaia é o proxecto desta cantautora canaria chamada Clari que respira por suposto...Paz e Amor

lunes 22 de diciembre de 2008

Parolando Ecoloxía


O medio ambiente, un espazo vital sobre o que o ser humano ten obrigas e dereitos, convírtese nun obxecto de debate esencial sobre o que xira o aproveitamento industrial, o recreo, patrimonio, a ecoloxía...Aspectos sobre os que os convidados de Pepe Peinó debaten neste episodio de Parolando.
Ángel Rivas presidente da asociación de senderismo Paso Miúdo, María José Fernández, Concelleira de turismo do Concello do Valadouro, Juanjo Fraga, Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Alfoz, Lionel Rexes, representante da Liga Céltiga Galaica e finalmente Gonzalo Alonso, biólogo e profesor do IES Alfoz-Valadouro.