miércoles, 16 de abril de 2008

Billarda

Tivemos a gran honra de acoller o remate da liga regular na Conferencia Norleste da LNB na pista exterior do CEIP Santa María. A foto publicada pertence ao blog O Varal e dos aspectos deportivos e de incidencias xa tedes cumprida información nestes links, aqui só vamos a comentar o excepcional ambiente vivido polos xogadores e espectadores, e a amabilidade da organización para con esta emisora a quen solicitan ser voz oficial desta conferencia, todo un orgullo para RadioValadouro. Recollemos as declaracións de David, responsable deportivo da conferencia e Xermán Vilauba, encargado da relación con medios da organización.

domingo, 13 de abril de 2008

Son Vidas 9 de abril de 2008

Novo capítulo da biografía sonora do Valadouro e das nosas vidas. Chegamos ás datas do entrañable Festival do CEIP Santa María que dirixe o gran Enrique Penabad, así que é unha ocasión inmellorable para entrevistar a Carlos Yus, responsable de Migallas Teatro, o plato forte deste evento anual. A billarda, antes xogo indispensable de nosos pais e avos, está recobrando con vigor o pulo perdido en toda Galicia con campionatos onde os palanadores fan soar os golpes e os aplausos do público. Ferreira é escenario dun xogo da Superliga Galega da Billarda e falamos con David un dos organizadores do evento. Martin e seus peculiares relatos, Hugo e o motor e as seccións habituais completan esta xornada radiofónica.

jueves, 3 de abril de 2008

Son Vidas 3 de abril de 2008

Despois da resaca de éxito e presenza mediática de Radio Valadouro, volvemos cun dos programas senlleiros da emisora do teu val. Son Vidas convida a Alberto da Victoria Station a falar da Festa do Campón do día 5 de abril en Burela, Lola fai un repaso ás personaxes ilustres do val, Festexeiro pon a nota de animación e humor, Placeres Yáñez andade lercheo coas revistas do papel couche, Susana fala de que este non é país para vellos en homenaxe ao oscarizado Bardem e Suso Rubio recolle o máis interesante (ou así) da rede. Todo dirixido e conducido por Luis Miguel e Rupí nos micros e Novás premendo botóns. Esquecía Hugo falando de automoción e contaminación e a linda Lucia que te atende cando chamas ou cando mandas mensaxes en botellas.

miércoles, 2 de abril de 2008

Ángel Vizoso, protagonista en La Voz de Galicia


O noso compañeiro Ángel foi entrevistado por Yolanda García para La Voz de Galicia con ocasión da reuníón dos monologuistas da zona e máis alén e da que informamos xa neste blog. Ángel Vizoso xa tiña, a pesar da súa xuventude, experiencia nas táboas escénicas e na radio conducindo o programa máis xove desta emisora local, aínda que a proposta de Peinó para a comedia en solitario foi unha sorpresa para el.

martes, 1 de abril de 2008

Vinilo, 28 de marzo de 2008

A quinta do 67, os cuarentóns, os salesianos...calquera cousa é posible cando inclinas a agulla neste especial Vinilo