lunes, 31 de marzo de 2008

José Díaz (El Progreso) destaca a xornada dos monólogos convocada por Radio Valadouro


Lemos unha excepcional crítica de José Díaz no suplemento A Mariña de sección deEl Progreso con motivo do especial de monólogos que se celebrou o 23 de marzo na Casa da Cultura de Valadouro. Esta iniciativa que pensou e dirixiu Pepé Peinó dende o seu programa de Radio Valadouro, Parolando. "La iniciativa de Radio Valadouro, merece todos mis halagos,y ojalá mereciera las envidias sanas de cualquier organismo público o privado que promoviera actuaciones semejantes por toda A Mariña..." Pouco máis que dicir, agás compartir esta opinión e envexar a Pepe polos xustos afagos publicados por José Díaz que a bon seguro Peinó e tódolos participantes agradecerán.

jueves, 27 de marzo de 2008

Cerna, o boletín falado de ADEGA

Radio Valadouro é unha das emisoras que emite o boletín diario de Radio Cerna, as novas que ADEGA dedica á ecoloxia e o medio ambiente. A dose de hoxe, venres, fala dos efectos do aquecemento global, do perigo de extinción dos tigres, do Prestige e moitas cousas máis que Belén Rodríguez nos conta así de ben.

lunes, 24 de marzo de 2008

Gran éxito de público na gala de monólogos de Parolando



Esta especial edición do programa Parolando que dirixe Pepe Peinó e foi celebrada nun ateigado Salón de Actos, foi un auténtico éxito amosando o talento escénico e de improvisación nuns actores excepcionais que liderou o inspirador Manuel Lourenzo. Hai radio e hai público como se demostrou visiblemente nuns oíntes que deixaron ver as súas caras nesta gala especial dedicado a esta modalidade teatral. Sigamos pois adiante e grazas por estar aqui.

sábado, 8 de marzo de 2008

jueves, 6 de marzo de 2008

Hora Krono, 3 de marzo de 2008

Hugo, Martín e Julian dan a voz ao deporte da Mariña e do Val, Juan Novás pecha o equipo no "maquinillo"

Xavi estrea negocio


O conductor de Vinilo, o programa musical de Radio Valadouro, é protagonista na contracapa do Suplemento de A Mariña de El Progreso con motivo da súa aventura profesional coa empresa de aluguer de vehículos A Mariña Alquiler de Vehículos integrada na rede Aval e con base na localide de Burela. Moita sorte nesta nova empresa para un dos nosos grandes colaboradores, Xavi Bassa.

sábado, 1 de marzo de 2008

Parolando, Matrimonio (14/02/2008)

Outra sesión do programa do debate en Radio Valadouro. O tema de hoxe é o matrimonio unha antiga institución que evolúe e cambia a súa fisonomía neste principio do século XXI. Contrato ou relación xurídica, matrimonio relixioso ou civil, matrimonio homosexual, parellas de feito...Cada invitado expón a súa opinión e experiencia ante os micros desta emisora municipal.