martes, 30 de septiembre de 2008

Resumo das enquisas sobre a temporada 07/08

Os visitantes ao blog de Radio Valadouro votaron as preferencias da última temporada:
Un 34,43% afirma que oe toda a semana a programación da radio local, 6,56% tres días e un 6,56% un día a semana. Vinilo e Open Space igualan como programa máis favorito da audiencia con un 31,86%. Precisamente Xevi Bassa, conductor do programa musical, é o locutor preferido de Radio Valadouro. Finalmente un 49,02% dos votantes engadiria un programa de novas e actualidade á programación da nosa parrilla, un 33% cree que falta un formato de humor na frecuencia de Radio Valadouro.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Último programa de Parolando 07/08 (emigración) 24/07/08

Pepe Peinó convidou a varios invitados unidos polas experiencias da emigración. Distintos casos, distintos destinos e épocas pero a mesma sensación difícil de gañarse a vida no estranxeiro e afrontar a morriña inevitable.
Rodrigo (EEUU), Lito(Australia), José María e Ramón García (Bélxica) e Juan de Celsa (Suecia) compartiron as súas experiencias, a adaptación aos costumes, clima e linguas locais. Tamén a enriquecedora etapa do lugar que un día foi o seu fogar e a necesaria conciencia e compresión ante as inmigracións que recibimos.