sábado, 29 de diciembre de 2007

Parolando, 27 de decembro, seguridade vial

Oímos o debate entre os expertos sobre aspectos importantes das leis de tráfico actual.

jueves, 27 de diciembre de 2007

Vinilo, 27 de decembro


Unha das grandes novidades da temporada radiofónica 2007/2008 foi a incorporación de Xavi Bassa, unha personaxe moi coñecida no mundo da noite mariñá. Unha voz privilexiada e un gran coñecemento discográfico son as súas armas para seducir a unha audiencia que escoita apaixoada os "vinilos" deste DJ.
(Fotografía de El Progreso-20/12/07)

miércoles, 26 de diciembre de 2007

Parolando de Nadal

Pepe Peinó reune aos alumnos de 1º do IES Alfoz-Valadouro para falar do Nadal. Asistiron ao debate navideño: Vanesa, Patricia, Santiago, Jennifer, Iria, Sabela, Elena, Sonia, Maika, Bego, Ángel, Daniel ademais dalgún pai...Houbo unha visita sorpresa de Papa Nöel, un ensaio para o 31 de decembro para comer as uvas, unha "peculiar panxoliña" Oíde logo:

martes, 4 de diciembre de 2007

Radio Valadouro na edición A Mariña de El Progreso

O sábado día 1 de decembro, saiu unha nova na contraportada de A Mariña onde se falaba da programación e actividades de Radio Valadouro facendo fincapé na iniciativa de Parolando, o programa de debate que dirixe Pepe Peinó, sobre a elección das 7 marabillas do Valadouro(Concellos de Alfoz e Valadouro) onde ofrécese aos oíntes a posibilidade de seleccionar tres das marabillas propostas enviando un correo a radiovaladouro@yahoo.es e entrar nun sorteo dunha estancia dun fin de semana nun casa rural da comarca.

Enquisa sobre Radio Valadouro

Vota e axúdanos a mellorar a programación de Radio Valadouro