lunes, 24 de noviembre de 2008
Paz e Amor.
Pouco a pouco vaise completando a nova grella da programación de Radio Valadouro 08/09. Inevitablemente algúns programas desaparecen pero outros novos saúdan a audiencia do val. Entre estes Paz e Amor, conducido por Paz Otero e auxiliada nas "bandas" por Nacho Delgado e Jorge Olivera. Paz e amor suxire un espazo para a espiritualidade, a relaxación e a meditación, actividades moi esquecidas nestes tempos tan apresurados.
lunes, 10 de noviembre de 2008
radiando os cogumelos
seguindo o guión de Pepe Peinó, no Parolando deste ano trátase dos temas de actualidade según as datas, polo que este número déuselle espazo a micoloxía, tratando as setas e fungos dende todos as aspectos posibeis. Estiveron os biólogos, Jesús Blanco, experto micólogo e organizador de xornadas, Fran Galán, agricultor ecolóxico, Ramón Hermida, promotor de asociacións micolóxicas e afeccionado, Andrés Soutelo, empresario dedicado a comercializar cogumelos, Suso do restaurante Cazuela que promove Xornadas Gastronómicas en torno a este alimento e finalmente Margarita Dueñas, cientifica e coordinadora do Proxecto "Flora Micológica Ibérica"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)