Pepe Peinó convidou a varios invitados unidos polas experiencias da emigración. Distintos casos, distintos destinos e épocas pero a mesma sensación difícil de gañarse a vida no estranxeiro e afrontar a morriña inevitable.
Rodrigo (EEUU), Lito(Australia), José María e Ramón García (Bélxica) e Juan de Celsa (Suecia) compartiron as súas experiencias, a adaptación aos costumes, clima e linguas locais. Tamén a enriquecedora etapa do lugar que un día foi o seu fogar e a necesaria conciencia e compresión ante as inmigracións que recibimos.