miércoles, 1 de junio de 2011

Novos espisodios no podcast de Radio Valadouro

Reactívase o podcast de Radio Valadouro:
Clica aquí: Radio Valadouro

sábado, 10 de abril de 2010






Cachín fai un repaso a canteira do CD Alfoz: René, Balea, Jordi e Fran; Ángel Vizoso, xogador dos Celtas de Foz fai de corresponsal do campionato de basket que tivo lugar na localidad focense; a colaboración de Xulian, colexiado de futbol e a entrevista a Carlos Mandiá, ex-adestrador do Racing de Santander na Liga BBVA esta tempada e unha das grandes figuras deportivas da bisbarra no fútbol profesiona

miércoles, 17 de marzo de 2010

viernes, 12 de marzo de 2010

Hora Krono, 8 de marzo de 2010

Hora Krono, 8 de marzo de 2010: "o programa de deportes de Radio Valadouro que d..."

viernes, 5 de marzo de 2010

jueves, 4 de marzo de 2010

Hora Krono, 1 de marzo de 2010

Hora Krono, 1 de marzo de 2010: "O programa de deportes de Radio Valadouro"

domingo, 5 de julio de 2009

José Díaz escribe sobre Parolando en El Progreso



Novamente José Díaz fala de Radio Valadouro con gratificantes palabras que son un verdadeiro estímulo para os homes e mulleres que desenvolven de forma altruista proxectos en Radio Valadouro sen mais beneficio que agradecementos como este e o san obxectivo de entreter en informar a audiencia desta emisora. Neste caso é Pepe Peinó o homenaxeado para contarnos o que xa sospeitábamos: Parolando é pura radio profesional. Profesional na súa dignidade, preparación e compromiso co invitado e o oínte.
Grazas de novo, José Díaz.

Martes de contrastes 16 de xuño

jueves, 18 de junio de 2009

Parolando. O cine feito na Mariña

Marcos Piñón, realizador en telelugo, Rubén García , cámara e actor tanto en teatro, Toña González, mariscadora e actriz rínlega, Jorge Olivera, músico que ten composto para producción audiovisuais, José Díaz, hosteleiro, promotor de iniciativas culturais como curtametraxes, entre outras. Ángel de la Cruz, director de longametraxes como Os mortos van aprésa ou o guión e dirección de producción pioneiras como O bosque animado, falan con Peinó do cine feito nesta bisbarra.

lunes, 15 de junio de 2009

jueves, 21 de mayo de 2009

Parolando artistas


Os invitados do xoves 7 de maio son Daniel Río "Caxigueiro" escultor afincado en San Martiño, Pepe Blanco, deseñador da factoría Sargadelos, Xoán Guerreiro, pintor natural de Xove e José Ramón Ferreira de Rúa, artista en madeira. Unha boa representación de distintas formas de artes na bisbarra mariñán.

martes, 19 de mayo de 2009

miércoles, 29 de abril de 2009

Gala de Escolas de Música (Parolando 100 programas)

Todo Radio Valadouro estivo de cumpleanos para celebrar os cen programas de Parolando, o magazine de debate creado, dirixido e presentado por Pepe Peinó. Un centenar de programas nesta tertulia semanal é unha cifra difícil de conseguir para un programa desenvolto por voluntarios. Foron moitas semanas, moitos xoves,abordando a actualidade e realidades sociais dende o punto de vista dos protagonistas e testemuñas directos. Prácticamente calquera tema que imaxinedes, foi enfocado pola humana lente de Pepe, un profesor que exerceu tamén de alumno libre de prexuizos e distancias preconcibidas. Emigrantes, mariñeiros, escritores, empresarios, relixiosos, deportistas, actores, cooperantes,etc, etc...atoparon unha fiestra aberta cada xoves para contar a súa verdade, dun xeito libre e sincero, Parolando, en definitva.

O broche de ouro oficiouse na Casa da Cultura cunha Gala de Escolas de Música da comarca, baixo a coordinación de Xan Carballal. Os rapaces interpretando tódolos xéneros musicais convertiron a Ferreira, coas súas partituras e instrumentos, na capital da música mariñá.
nota de La Voz de Galicia

lunes, 20 de abril de 2009

lunes, 16 de marzo de 2009

Parolando Empresas do Val

Parolando sondea aos empresarios do val sobre as vias de negocio na comarca, como combatir a crise económica ou as reivindicacións do colectivo. José Manuel Lamelas (Carpintería Lamelas), Pepe Sanjurjo (Muebles Guerra) e Alberto Souto (Aserraderos Rubal)acompañan a Pepe Peinó neste xoves de asuntos económicos.

sábado, 14 de marzo de 2009