sábado, 26 de enero de 2008

Open Space, último programa do mes de xaneiro.

Reportaxe de RadioValadouro en El Progreso


Radio Valadouro é obxecto dunha ampla reportaxe na contracapa do suplemento de A Mariña , falando da súa programación actual e dos esforzos que supón sacar unha programación de 12 horas semanais de producción propia nunha emisora municipal sen orzamento porpio e feito case exclusivamente por afeccionados e voluntarios. Damos as grazas a este xornal por toda a atemción que nos presta e aproveitamos para desexarlle sorte nesta nova etapa de redeseño e cambios no ano deste centenario.

Parolando, Os nosos maiores


Pepe Peinó sigue abrindo o estudio e o seu fantástico programa á nosa comunidade. Este episodio reune a uns señores que teñen unha idade por actividade e corazón moi inferior á que di o seu carné de identidade.

Vinilo, 22 de xaneiro de 2008


Xavi Basa sigue cos seus especiais dedicados aos locais de copas da noite burelesa, neste caso o Oasis, que asistiu co seu equipo ao completo comandado pola súa xefa Adriana.

domingo, 20 de enero de 2008

Open Space


O novo equipo de Open Space intenta contaxiar a súa enerxía e animación a toda a xuventude para empezar con música, humor, videoxogos, etc o fin de semana. A aposta xuvenil que coordina Ángel Vizoso repeti temporada en Radio Valadouro e queren seguir mellorando coa túa axuda...escoita Ooooopen Space!!!

jueves, 17 de enero de 2008

Vinilo, xaneiro 2008

O noso "DJ resident" desafia ao vento e as tormentas para improvisar bandas sonoras no teu cuarto de estudio. Mentras mandas sms, fas que estudias ou simplemente miras como chove tras o cristais.