Todo Radio Valadouro estivo de cumpleanos para celebrar os cen programas de
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhw8luvZqAO1hIkq0fxsU-dwWg4Kl07Y4Rg5722o1PoXw0zp844PuAQccAJ4jD0QfkBmaLgr8MWu0Z7z3ThlMSDMwsgPmiA5mXe3B0NFTQp-dCfJDPiR6-E6hhpX-nv7cXdi8zacdTTRnNU/s200/gala3.jpg)
Parolando, o magazine de debate creado, dirixido e presentado por Pepe Peinó. Un centenar de programas nesta tertulia semanal é unha cifra difícil de conseguir para un programa desenvolto por voluntarios. Foron moitas semanas, moitos xoves,
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjkpa1VDLLIgOYLHA-L5tcHWeAczm6GGVw4f-0j7kCF5l_FgKuOVTGeI8ljqYKWY7QZrfgADeHHgCMsv59hVbj17teTN5U8YWXi_P0KMmVYCQyUZz0QxIgrR7wMabGb7PezpGC5b-vOs6Sx/s200/gala.jpg)
abordando a actualidade e realidades sociais dende o punto de vista dos protagonistas e testemuñas directos. Prácticamente calquera tema que imaxinedes, foi enfocado pola humana lente de Pepe, un profesor que exerceu tamén de alumno libre de prexuizos e distancias preconcibidas. Emigrantes, mariñeiros, escritores, empresarios, relixiosos, deportistas, actores, cooperantes,etc, etc...atoparon unha fiestra aberta cada xoves para contar a súa verdade, dun xeito libre e sincero, Parolando, en definitva.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgCcZmY-G6m5KZF9j0_PXvTqwrmUovXJfI4QjHz3ljF7mmFwlwqWg6FWxr0K6Tl0DSa3P4bSEh-7uyop88KlC743zPH16QiRXWYQcu5yskUSHBjSD_QV3n1hWpDS1nsTu0yD4loQcMpntAy/s200/gala2.jpg)
O broche de ouro oficiouse na Casa da Cultura cunha Gala de Escolas de Música da comarca, baixo a coordinación de Xan Carballal. Os rapaces interpretando tódolos xéneros musicais convertiron a Ferreira, coas súas partituras e instrumentos, na capital da música mariñá.
nota de La Voz de Galicia