domingo, 13 de abril de 2008

Son Vidas 9 de abril de 2008

Novo capítulo da biografía sonora do Valadouro e das nosas vidas. Chegamos ás datas do entrañable Festival do CEIP Santa María que dirixe o gran Enrique Penabad, así que é unha ocasión inmellorable para entrevistar a Carlos Yus, responsable de Migallas Teatro, o plato forte deste evento anual. A billarda, antes xogo indispensable de nosos pais e avos, está recobrando con vigor o pulo perdido en toda Galicia con campionatos onde os palanadores fan soar os golpes e os aplausos do público. Ferreira é escenario dun xogo da Superliga Galega da Billarda e falamos con David un dos organizadores do evento. Martin e seus peculiares relatos, Hugo e o motor e as seccións habituais completan esta xornada radiofónica.